Vigo en Galicia Vigo en Europa

 

 

Vigo, Cidade Olívica

Durante o reinado dos Reis Católicos, a zona nomeada Val do Fragoso era un inmenso oliveiral que competía coa zona sur, Andalucía. Por orde expresa dos reis Católicos procedeuse á corta e queima de tódalas oliveiras, en beneficio da industria oliveiral do sur.
A proba da existencia da industria do aceite obtívose en escavacións nas que se atoparon vestixios de muíños aceiteiros.

Na actualidade hai unha oliveira, "El Olivo", no Paseo de Afonso, que é descendente directo daquelas antigas oliveiras. Dise que é un gromo que se salvou da queima e que procede da árbore que existía na praza da Colexiata.

A Oliveira

 

barra500_b.gif (371 bytes)

 
barra500_b.gif (371 bytes)

 

Títulos da cidade

Escudo de Vigo

Os títulos da cidade están na lenda do seu escudo: "Fiel, Leal, Valorosa e Sempre Benéfica cidade de Vigo"

  • Nos anos 1810-1811, Fernando VII concédelle o nomeamento de "Fiel, Leal e Valorosa" pola súa actuación fronte ás tropas estranxeiras.
  • En 1919 confírmase o título de cidade Leal e Valorosa.
  • En 1879, Afonso XII concédelle o tratamento de Excelentísima.
  • O 26 de decembro de 1899, concédenlle o título de "Sempre Benéfica" polo tratamento dado ós soldados que volvían da guerra de Cuba e que foron "instalados" nas casas da cidade e atendidos polos propios cidadáns ante a carencia de hospitais.

Inicio


alojamiento web gratis
Otros servicios ofrecidos por HispaVista:
Ofertas de Trabajo y Busco pareja
Consigue una página web gratis o un
hosting con Galeón